Numeracion Curtis logos

Xornada deportiva no pobo de Curtis o 4 de decembro para promover hábitos de vida saudable entre os escolares

  • Avísase do corte ao tráfico da rúa Mestre Eduardo Fariña por este motivo, desde as 11.30 horas ás 14.00 horas.

SNSO Concello de Curtis, en colaboración co CEIP de Curtis e o AMPA, organizará o luns, día 4 de decembro, unha xornada do deporte en idade escolar para que os alumnos de 3 a 6º de Primaria practiquen deportes como o bádminton e o atletismo (carreiras, lanzamento de peso, salto de altura, salto de lonxitude...).

Por este motivo, cortarase, desde as 11.30 horas ás 14.00 horas, o tráfico da rúa Mestre Eduardo Fariña desde a intersección coa rúa Alcalde Espiñeira á intersección coa rúa María Antonia Dans.

Esta iniciativa xorde dun acordo da Mesa Intersectorial que coordina a Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde, na que están representados todos os sectores da poboación: Concello de Curtis, centros escolares, AMPAS e os centros de saúde co fin de promover hábitos e estilos de vida saudables na poboación, buscando a equidade no acceso a todos os recursos municipais.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.