Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis anima a descubrir os sabores do municipio coa 'Ruta DesTAPAte' os días 8 e 9 de decembro

  • Participarán 27 bares e restaurantes de Curtis e Teixeiro

destapate 17Un total de 27 bares e restaurantes de Curtis e de Teixeiro participarán os días 8 e 9 de decembro na 'Ruta DesTAPAte' do Concello de Curtis, posta en marcha pola concellaría de Promoción Económica para dinamizar a hostalaría durante a ponte da Constitución. 

O Goberno local destaca a alta participación de locais nesta iniciativa, que se apuntaron na súa maioría con tapas e bocados tradicionais e cos mellores produtos, entre os que a nabiza e o queixo de Curtis non podían faltar, en moitos casos con presentacións moi orixinais.

O Concello realizou xa en anos anteriores rutas de tapas, e para esta ocasión cambioulle a imaxe coa lema 'DesTAPAte', co que quere animar tanto aos veciños como aos visitantes a redescubrir os sabores do municipio aproveitando, ademais, que o sábado, día 9, coincidirá coa celebración da Feira Comarcal de Curtis.

Para a promoción desta acción, repartíronse 85 carteis e 750 trípticos co nome dos locais e as tapas coas que participan.

  • Que locais participan e con que tapas pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.