banner nadal 17

Incorpórase máis persoal ao Servizo de Axuda no Fogar, que seguirá crecendo en recursos e usuarios no 2018

  • O obxectivo do Goberno local é ir aumentando as horas de atención á dependencia ata 4.594 horas máis, é dicir, un crecemento do 19%.

casa concello copyA área de Servizos Sociais do Concello de Curtis reforzou o persoal de profesionais do Servizo de Axuda no Fogar con dúas novas auxiliares e coa ampliación da xornada a unha terceira para atender un incremento de 240 horas na atención ás persoas dependentes e de 18 horas de libre concorrencia.

As novas contratacións comezaron o seu traballo a semana pasada despois de superar un proceso selectivo e con elas xa son 16 as auxiliares que cobren este servizo.

O Goberno local seguirá incorporando novo persoal a principios de 2018 e irá aumentando o número de horas de maneira progresiva co fin de que a atención do servizo pase de 24.516 a 30.110 horas anuais, o que suporá un incremento dun 19%. Esta subida en 5.594 horas permitirá intensificar as actuacións de apoio e que creza nun 30% o número de usuarios.

Este crecemento de recursos humanos súmase á subida nun 36,14% da partida orzamentaria destinada este ano a Servizos Sociais para atender mellor as necesidades dos veciños con dificultades, das persoas de máis idade, das que están pendentes de avaliación do seu grao de dependencia e aos beneficiarios de Axuda no Fogar, así como aos usuarios do Centro de Día, instalacións que dan cobertura a oito municipios da comarca e que o Concello custea nun 33%.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.