Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis enche de cultura a súa programación este nadal desde o 22 de decembro ao 5 de xaneiro

  • Teatro, maxia, conta contos, cinema, música e marionetas centran as actividades, que se desenvolverán en Curtis e Teixeiro.

nadal cultural 17Un ano máis, o Concello de Curtis aposta pola cultura este nadal. Teatro para toda a familia, contacontos, marionetas, música, maxia e cinema son as actividades que configura o eixo principal do Nadal Cultural 2017-2018 programado pola concellaría de Cultura, que dará comezo o día 22 deste mes e que finalizará o 5 de xaneiro coas tradicionais cabalgatas de Reyes en Curtis e Teixeiro.

Do mesmo xeito que as cabalgatas, as actividades previstas iranse desenvolvendo nos dous pobos, no Edificio Multiusos de Teixeiro e no Edificio de Usos Múltiples de Curtis. En teatro, destacan as obras 'Comenoites', de Os Naúfragos, baseada no conto infantil escrito por Ana Juan, premio Nacional de Ilustración, e 'O vendedor de fume', de Ghazafelhos, así como 'De bruídos e miañares', de Xarope Tulú, que combina a narración oral e a música en directo. Os amantes da maxia contarán cos espectáculos da Compañía Amima e de Joshua Kenneth e os das marionetas coas actuacións de Xanela do Marín con 'A pequena lúa', e Os Monicreques de Kukas, con 'Xan Perillán compra queixo, compra pan'. Como conta contos, O Titiribaile animará ao público con 'A sala do catapum chimpun'.

Ademais, proxectaranse películas de cinema e organizaranse actividades deportivas, talleres, xogos con inchables e visitas de Papa Noél e o seu séquito a Curtis e Teixeiro para animar o comercio local.

A programación finalizará coas cabalgatas de Reyes que percorrerán Curtis, desde a Estación de Trens, e Teixeiro, desde a Casa do Concello, e que terminarán en ambos os casos con xogos e unha chocolatada.

Campamentos para a conciliación

Co fin de axudar á conciliación familiar nestas datas, o Concello curtiense preparou campamentos urbanos en Curtis e Teixeiro do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. A inscrición aos mesmos estará aberta desde mañá ata o día 22.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.