Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis reparará o azud de Morangueiros para optimizar a captación e o bombeo da auga

  • Executará unha actuación integral nesta presa que abastece ao Polígono de Texeiro e a outros núcleos de poboación.

azudO Concello de Curtis procederá a reparar o azud de Morangueiros (Santaia) no río Mandeo, que abastece principalmente ao Polígono Industrial de Teixeiro así como a outros núcleos de poboación, debido ao seu mal estado polo desgaste co paso do tempo. Aínda que se foron realizando pequenas obras de conservación, agora abordarase unha actuación máis integral para impedir filtracións e optimizar a captación e o bombeo da auga

O obxectivo desta execución é reforzar a cimentación desta presa, recuperar a súa capacidade estrutural, que diminuíu debido ás filtracións, e mellorar a súa funcionalidade e a protección da toma de auga. A iniciativa implicará tamén a limpeza e da drenaxe pola acumulación de lodo.

Para esta actuación, o Concello solicitou xa os permisos pertinentes a Augas de Galicia e publicouse esta semana no BOP co fin de que os posibles afectados poidan presentar as alegacións pertinentes.

A limpeza e reparación desenvolveranse durante este verán e o investimento previsto ascende a 90.000 euros.

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.