Numeracion Curtis logos

O GES de Curtis atendeu polo temporal Ana unha trintena de incidencias no termo municipal curtiense e concellos próximos

  • En Curtis retiraron árbores en viarias de Santaia e Foxado, atenderon un incendio en Oza e un accidente en Mesía.

foto 3 anaO Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Curtis atendeu entre onte e hoxe unha trintena de incidencias causadas pola o temporal Ana tanto no termo municipal curtiense como en concellos próximos e viarios da Deputación e a Xunta, na súa maioría árbores e tendidos eléctricos caídos, arquetas atrancadas e bolsas de auga en estradas e camiños.

En Curtis, tiveron que retirar árbores caídas que cortaron accesos na parroquia de Santaia e en Abeledo, Foxado. Ademais, neste municipio desbordáronse os ríos Carregal e Mandeo ao seu paso por Teixeiro.

Os profesionais do GES tamén atenderon esta noite un incendio no concello de Oza-Cesuras e hoxe pola mañá interviñeron nun accidente de tráfico en Mesía.

Este Grupo de Emerxencias está formado por 12 efectivos e conta cunha estrutura profesionalizada de carácter estable que atende a Curtis, Sobrado, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras e Aranga, é dicir, cobre unha extensión de 800 quilómetros e dá servizo a 18.000 veciños.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.