Numeracion Curtis logos

Mozos de áreas rurais fórmanse en Curtis sobre iniciativas de turismo e hostalaría a través do programa Lidera

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e o alcalde de Curtis animáronnos a apostar polo rural nas súas traxectorias profesionais e laborais.

xuventude lideraA Casa da Xuventude de Curtis reuniu hoxe a mozos e mozas de áreas rurais nun encontro sectorial do programa Lidera dirixido a que adquiran habilidades transversais e ferramentas que lles axudarán tanto na procura de emprego como na posta marcha de iniciativas de emprendimiento. Os participantes foron recibidos pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, departamento que impulsa a iniciativa en colaboración coa Federación EFA Galicia, e o alcalde curtiense Javier Caínzos.

Este encontro incluíu charlas sobre mercadotecnia social aplicado á hostalaría, coa presenza dos responsables de mercadotecnia de Cafento e de Down Compostela, e unha mesa de experiencias sobre o sector do turismo e como aproveitar o Camiño de Santiago como recurso, na que participaron Pepe Formoso e Raquel Carregal, dos albergues de Muxía e Ultreia respectivamente. Ademais, desenvolveuse un taller de comunicación para vender e interpretar un produto turístico.

Cecilia Vázquez lembrou aos participantes que o Programa Lidera axudaralles nos seus itinerarios laborais e persoais e animoulles a que sexan proactivos á hora de crear as súas propias oportunidades laborais. Pola súa banda, Javier Caínzos alentou aos participantes a que aposten polo rural no desenvolvemento da súa traxectoria profesional.

O proxecto 'Catalizador de oportunidades de emprego e emprendimiento novo e transfronteirizo' (acrónimo LIDERA) enmárcase no programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP).

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.