Numeracion Curtis logos

O 60% do POS 2017-2018 irá destinado a mellorar viarios das distintas parroquias do municipio

  • A proposta irá ao Pleno do venres, así como a aprobación inicial do cambio da PXOM para facilitar a ampliación do cemiterio de Teixeiro.

pleno dic 17O 60% do orzamento de 479.605 euros que o Concello de Curtis solicitará no Plan Provincial de Obras e Servizos POS 2017-2018 irá destinado a obras de mellora de calzadas e de viarias nas parroquias do municipio. O Goberno local levará estas execucións para a súa aprobación ao Pleno ordinario que se celebrará o vindeiro venres, día 15 de decembro.

A actuación prevista para 2018 será o reforzo da calzada das rúas Pedrouxo e Brixería, en Teixeiro, e a travesía Crego F. Correa, en Curtis, nas que se investirán 45.507 euros. Nos investimentos sustentables de 2017 prevese reforzar o firme en viarios das parroquias de Santaia, Fisteus e Lourdes cun orzamento de 145.475 euros, e reparar o azud de Morangueiros do río Mandeo para optimizar o bombeo e a captación de auga para o Polígono de Teixeiro e outros núcleos de poboación, que terá un custo de 91.966 euros.

O resto do orzamento solicitado será para gastos correntes.

Plan Complementario

Se se dota de máis orzamento o POS, o Concello presentou como plan complementario o reforzo do camiño na Ponte e do acceso ao cemiterio desde a rúa Monólito; a rehabilitación da calzada en rúa Alcalde Espiñeira desde M.A. Terrón á estrada provincial, en Curtis; a mellora da rúa Crego Francisco Correa, en Curtis, e a mellora da seguridade viaria cunha senda peonil no acceso ao núcleo de Abelar desde a rúa Barbazán.

PXOM

Así mesmo, a orde do día do Pleno incluirá, entre outros puntos, a aprobación provisional da modificación puntual nº 9 da PXOM de Curtis para facilitar a ampliación do cemiterio de Teixeiro e axustar as aliñacións no núcleo de Budeos e as rúas Manuel Angel Terrón e Uceira Nova, en Curtis, e Antón de Pepiño en Teixeiro. Tamén se modificará a ordenanza do GES para concretar as actuacións do Grupo de Emerxencias Supramunicipal.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.