Numeracion Curtis logos

Luz verde á aprobación provisional do cambio do PXOM que facilitará a ampliación do cemiterio de Teixeiro

  • A modificación permitirá tamén axustar as aliñacións de varias rúas en Curtis e Teixeiro.

cementeiro teixeiro planoA Corporación curtiense deu luz verde por unanimidade á aprobación provisional da modificación puntual nº 9 do PXOM de Curtis coa que o Goberno local facilita a ampliación do cemiterio parroquial de Teixeiro ao recoñecer o carácter privado das dotacións. O documento será remitido agora á Xunta, que o aprobará de maneira definitiva nun prazo de tres meses.

O alcalde Javier Caínzos, que sostivo que este cambio era "moi necesario", lembrou que os arredores do templo e os seus equipamentos foron incluídos inicialmente no PXOM como sistema público a obter por expropiación, o que facilitou que a Igrexa puidese adquirir as propiedades e que estas pasasen a ser da súa titularidade, razón pola que o Concello regulariza agora a situación.

A modificación do PXOM tamén permitirá adecuar en Curtis as aliñacións das rúas Manuel Angel Terrón e Uceira Nova, nesta última ampliando o viario e axustándoas ás edificacións e urbanizacións existentes, así como a da rúa que termina en Antón Pepiño, en Teixeiro, que se adaptará ás necesidades derivadas da execución das obras do paso a nivel de Carroipaz.

Luz verde ao POS

O Pleno tamén deu luz verde por unanimidade á solicitude que o equipo de Goberno presentará ao Plan Provincial de Obras e Servizos, POS 2017-2018, no que o 60% do orzamento irá destinado a mellorar calzadas e viarios nas parroquias do municipio. O resto do orzamento solicitado será para gastos correntes.

As actuacións previstas inclúen o reforzo da calzada das rúas Pedrouxo e Brixería, en Teixeiro, e a travesía Crego F. Correa, en Curtis, e o firme en viarios das parroquias de Santaia, Fisteus e Lourdes, ademais da reparación do azud de Morangueiros do río Mandeo para optimizar o bombeo e a captación de auga.

Por unanimidade tamén se aprobou a adaptación das ordenanzas do GES de Curtis ás novas necesidades do servizo, así como unha solicitude de captación de auga no río Mandeo con destinto a abastecer á poboación e ao Polígono Industrial de Teixeiro.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.