Numeracion Curtis logos

O GES de Curtis pechou o 2017 cun incremento das emerxencias atendidas dun 75% respecto de 2016

  • O 87% das súas 1.275 intervencións corresponderon á retirada de niños de Vespa Velutina, case a metade no municipio de Oza-Cesuras.

ges 17O GES de Curtis incrementou o número de emerxencias atendidas en 2017 un 75% respecto ao ano anterior ao pasar das 729 rexistradas en 2016 ás 1.275 deste ano, é dicir, unha media de 3,5 intervencións diarias.

O importante aumento das actuacións do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, cuxa área de acción abarca os concellos de Curtis, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras, Aranga e Sobrado, corresponde a retiradas de niños de Vespa Velutina, que supuxeron un 87% do total. Case a metade (459) elimináronse no municipio de Oza-Cesuras, o máis afectado por esta praga, seguido por Aranga (165), Mesía (144) e Curtis (130). O mes de outubro, con 282 enxames retirados, foi o máis conflitivo tras agosto (259) e xullo (145).

ges curtis 17Desde que os efectivos do GES foron habilitados para responder as alarmas das Vespas Velutinas, o de Curtis destruíu 1.621 niños. Para iso, dispón de tres equipos especiais e todos os seus profesionais recibiron formación específica.

Accidentes

A atención en accidentes foi a segunda causa que provocou máis saídas do GES curtiense, ao actuar en 76, medio centenar de tráfico, seis con necesidade de excarceración, seguido de retiradas de árbores e outros obstáculos na calzada (36) e de intervencións en incendios (34), 23 forestais e 8 urbanos. Ademais, entre outras accións, participaron en tres dispositivos de procura, rescate e salvamento e nunha decena de traslados sanitarios.

O ámbito de actuación Grupo de Emerxencias, no que traballa un persoal estable e profesionalizado conformada por doce profesionais dispoñibles as 24 horas do día, abarca unha extensión de 800 quilómetros e a unha poboación de 18.000 veciños.

  •  Balance resumo do GES no 2017 pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.