Numeracion Curtis logos

O CIM Curtis impartirá un curso para dotar de ferramentas e formación a mulleres coidadoras de persoas dependentes

  • O taller 'Convivir coa deterioración cognitiva, que se enmarca nun programa máis amplo, impartirase en febreiro.

diplomas dependenciaA área de Igualdade do Concello de Curtis, a través do Centro de Información ás Mulleres, porá en marcha en febreiro o taller formativo 'Envellecemento activo: Convivir coa deterioración cognitiva' dirixido a mulleres usuarias do CIM co obxectivo de que adquiran recursos e formación para o coidado das persoas dependentes. O curso desenvolverase os xoves, días 8, 15 e 22, de 16.00 a 19.00 horas, no Centro Etnográfico de Teixeiro.

Os obxectivos desta acción, que impartirá unha psicóloga especializada, son:

  • Informar e formar ás participantes sobre as deterioracións cognitivas moderados ou severos e/ou alteracións de comportamento e conduta.
  • Facilitar recursos para afrontar retos da convivencia coas persoas que presentan este tipo de problemas.
  • Promover o intercambio de experiencias entre os asistentes.

O taller enmárcase nun programa formativo máis amplo, no que xa se organizou un primeiro curso, 'Servizo de Apoio Integral a Coidadoras do medio rural',  onde se ensinaron técnicas e estratexias para coidar, non só a saúde das persoas ao cargo das coidadoras, senón tamén a súa propia.

Para inscribirse ou recibir mais información pódese contactar co CIM Curtis.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.