Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis súmase a un proxecto intermunicipal de xestión conxunta dos espacios e os recursos naturais

  • Co proxecto Infraestrutura Verde da área da Coruña, adiántase a futuros requirimentos europeos para conseguir financiamento para o medioambiente.

reunion medio ambienteO Concello de Curtis será un dos 30 municipios coruñeses que impulsarán un plan piloto para crear un espazo de xestión que permita planificar de maneira conxunta as zonas naturais así como provisionar os servizos ambientais demandados pola sociedade e protexer a biodiversidade.

A través deste proxecto Infraestrutura Verde da área da Coruña, que promove a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, os municipios adiántanse aos futuros requirimentos da Unión Europea co fin conseguir financiamento e dar resposta ás necesidades medio ambientais.

O alcalde Javier Caínzos e o edil de Medio Ambiente, Antonio Fraga, acudiron á reunión cos rexedores dos territorios que participarán neste novo sistema de gobernanza do territorio cunha dimensión intermunicipal e a través dunha estratexia compartida.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.