Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis destinará un 25% do orzamento de 2018 a investimentos, que crecen un 19,6% respecto de 2017

PROXECTO PRESUPOSTOS 2018

  • A partida de investimento consolida a senda de crecemento iniciada hai dous anos.
  • O capítulo de persoal crece un 5,64% pola subida salarial e o aumento de traballadores, de 11 a 18, que atenden o Servizo de Axuda a Domicilio.

pleno xaneiro 18O Concello de Curtis destinará en 2018 máis de 25% do seu orzamento a investimentos, segundo o Proxecto de Orzamentos que levará para o seu debate e aprobación ao Pleno convocado o vindeiro xoves, 25 de xaneiro. A partida prevista, de 1.118.861 euros, suporá un incremento dun 19,6% respecto de 2017 e dun 53% respecto de 2016, o que consolida a senda de crecemento iniciada hai dous anos.

Dos investimentos previstos, que se financiarán a través de fondos propios e transferencias doutras Administracións, destacan entre outras, a mellora da seguridade en viarias en todas as parroquias, a reparación do Azud de Morangueiros para optimizar o bombeo e a captación de auga para o Polígono de Teixeiro e outros núcleos de poboación e a mellora das instalacións deportivas.

Das contas para 2018, que ascenden a 4.414.373 euros, o que supón un incremento dun 6,7% respecto de 2017, o maior gasto será no capítulo I de persoal, que crece un 5,64% pola subida salarial e polo incremento do persoal laboral ao pasar de 11 a 18 os traballadores do Servizo de Axuda a Domicilio, cos que o Goberno local quere atender un aumento dun 30% do número de usuarios dependentes e da terceira idade.

Tamén haberá unha redistribución en 2018 das dietas aos órganos colexiados de Goberno ao aumentar o pago a 120 euros naqueles onde participa toda a Corporación (equipo de Goberno e membros da oposición, estes últimos todos concelleiros non adscritos), que son Pleno, Comisión Especial de Contas e Mesa de Contratación, e reducir á metade, a 100 euros, as do órgano onde participa só o equipo de Goberno, a Comisión de Coordinación, creada no marco do Regulamento Orgánico Municipal (ROM) para programar, planificar e coordinar toda a acción dos concelleiros. Non cobran estas dietas nin o alcalde nin o primeiro tenente de alcalde ao ter dedicación exclusiva, e cuxo soldo se conxela.

Máis novidades dos presupostos para o 2018

O Concello de Curtis eliminará en 2018 a temporalidade do seu persoal unha vez levantadas as restricións do Goberno:

  • O Goberno local provisionou unha subida salarial dos empregados municipais dun 1,5%.
  • O soldo do alcalde Javier Caínzos conxélase por quinto ano consecutivo.

O Concello conxela por quinto ano consecutivo as taxas e impostos municipais e asume a subida da auga e depuración:

  • Na súa aposta por non aumentar a presión fiscal e non sobrecargar ás familias e impulsar a economía, o Concello curtiense mantén as bonificacións do IBI e ICIO, entre outras.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.