Numeracion Curtis logos

Investiranse 2,8 millóns para impulsar a concentración parcelaria de Fisteus, a máis grande de Galicia

  • A conselleira de Medio Rural e o alcalde Javier Caínzos avaliaron hoxe este e outros investimentos da Xunta na localidade.
  • Ambos destacaron tamén os preto de 125.000 euros achegados á cooperativa Cusoviame dentro das axudas para uso de maquinaria en común.

parcelaria Fisteus 18A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse hoxe en San Caetano co alcalde de Curtis, Javier Caínzos, para avaliar os diferentes investimentos realizados pola Xunta a prol do agro neste concello coruñés.

Ambos destacaron o impulso dado á reestruturación parcelaria da parroquia de Fisteus, cunha achega de Medio Rural que supera os 2,8 millóns de euros. Estes fondos destinaranse a varias actuacións, como a execución da rede de camiños principais e o marqueado dos novos predios de substitución. Esta parcelaria abrangue unha superficie total que rolda as 4.000 hectáreas, o que a converte na máis grande das abertas actualmente en Galicia.

Ademais, a conselleira e o rexedor municipal valoraron a subvención de 124.703 euros que recibiu a cooperativa Cusoviame, con sede neste concello, dentro da orde de axudas da consellería para o uso de maquinaria en común correspondente ao exercicio de 2017, para un investimento total próximo aos 250.000 euros.

Por último, ambos responsables coincidiron en reafirmar o seu compromiso de seguir traballando polo medio rural de Curtis en eidos como o das infraestruturas ou o asociacionismo agrario, pensando na mellora da mobilidade e, por extensión, da calidade de vida dos seus veciños.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.