Numeracion Curtis logos

O orzamento de 2018 do Concello de Curtis segue a senda de contención do gasto corrente ao recortalo nun 4,78%

  • A maior partida por ingresos é a de Transferencias do Estado e baixa a recadación por taxas e impostos municipais ao conxelarse un ano máis.

concello curtis interiorO proxecto de Orzamentos do Concello de Curtis para 2018 blinda os servizos públicos e reduce un 4,78% a partida destinada a gastos correntes, que ascende a 1,7 millóns de euros. O Goberno local segue así a senda de austeridade iniciada hai uns anos, tendo en conta que esta partida se reduciu nun 6,4% en 2017 e que xa se contivo en 2016 e 2015.

As contas municipais, que crecerán en 2018 un 6,7% ata alcanzar os 4.414.373 euros, debateranse e aprobarán mañá en Pleno.

A partida de gastos financeiros é moi pequena, apenas de 80 euros, xa que o Concello conseguiu amortizar a débeda municipal en 2014.

En canto ao capítulo de ingresos, a maior partida, de 1,9 millóns de euros corresponde a transferencias doutras Administracións, dos que 649 millóns son procedentes dos Tributos do Estado e do Fondo de Cooperación Local.

Entre as partidas de ingresos que baixan respecto de 2017, destacan a recadación de taxas e impostos municipais (-8,20%) debido a que o Goberno local conxelaraos por quinto ano consecutivo para non sobrecargar ás economías familiares, así como os impostos indirectos (de 80.000 a 32.000 euros) debido a que nos orzamentos do ano pasado contemplouse o asentamento de novas empresas no Polígono industrial de Teixeiro, que se fixeron xa realidade. Para 2018, a pesar de que se prevé a instalación de máis industrias, o Concello optou por non orzalas para realizar os oportunos axustes unha vez realizadas.

Máis novidades dos presupostos para o 2018

O Concello de Curtis eliminará en 2018 a temporalidade do seu persoal unha vez levantadas as restricións do Goberno:

  • O Goberno local provisionou unha subida salarial dos empregados municipais dun 1,5%.
  • O soldo do alcalde Javier Caínzos conxélase por quinto ano consecutivo.

Conxélanse por quinto ano consecutivo as taxas e impostos municipais e o Concello asume a subida da auga e depuración:

  • Na súa aposta por non aumentar a presión fiscal e non sobrecargar ás familias e impulsar a economía, o Concello curtiense mantén as bonificacións do IBI e ICIO, entre outras.

O 25% dos Orzamentos irán destinados a investimentos, que crecen un 19,6% respecto a 2017

  • No capítulo de persoal, aumenta o número de traballadores, de 11 a 18, que atende o Servizo de Axuda a Domicilio.

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.