Numeracion Curtis logos

Aprobados os Orzamentos de 2018, de 4,4 millóns de euros, que crecen un 6,7% respecto de 2017

  • As contas seguen a senda de crecemento en investimentos e recorte de gastos correntes, así como de conxelación de taxas e impostos.

Pleno Orzamentos 2018O Concello de Curtis aprobou os Orzamentos municipais para 2018, que ascenden a 4.414.373 euros, o que supón un crecemento dun 6,7% respecto de 2017.

O alcalde Javier Caínzos sostivo que o programa de Goberno quedaba reflectido nestes Orzamentos seguindo a senda dos últimos anos ao blindar os servizos públicos e reforzar as apostas do Goberno local por non sobrecargar as economías familiares con maiores taxas e impostos, que se conxelan por quinto ano consecutivo, conter o gasto corrente, que se recorta un 4,78%, e impulsar as axudas para apoiar a mellora da economía local coas bonificacións ao sector primario e á instalación de empresas que manteñan e cren novos postos de traballo.

O rexedor destacou, ademais, que este ano, tras levantarse as restricións do Goberno central, será especialmente importante en termos de fortalecemento dos servizos públicos xa que permitirá eliminar a temporalidade dos traballadores municipais ao consolidar os seus postos de traballo, así como a creación de máis emprego, ao crecer un 60% o persoal de profesionais na área de Servizos Sociais para mellorar a atención á dependencia e á terceira idade.

Caínzos subliñou igualmente a capacidade de xestión destes últimos anos que permitiu que o Concello manteña unha débeda cero desde que se amortizou en 2014 mentres blinda os servizos públicos e segue aumentando a capacidade de crecemento e investimento xa que este ano esa partida, de 1.118.861 euros, supón o 25% de todas as contas municipais.

As contas foron aprobadas cos votos a favor do equipo de Goberno e os votos en contra dos ex edís do BNG, agora, non adscritos.

As contas do 2018:

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.