Numeracion Curtis logos

Responsables do Concello e técnicos da Xunta visitan a obra da senda peonil da AC-840 e a zona da futura glorieta

visita senda ac840O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e o edil de Obras, Emilio Souto, visitaron cos técnicos de Estradas da Xunta de Galicia a marcha das obras da senda peonil de 1.800 metros que se executa na marxe dereita da AC-840 co fin de conectar o tramo comprendido entre o Alto da Espeniña e a intersección coa estrada que vai a Montesalgueiro (AC-230).

A obra, que suporá un investimento de medio millón de euros, inclúe tamén a reforma do cruzamento coa estrada do cemiterio e a rehabilitación e ampliación da calzada onde é necesario, así como a execución de dous muros de contención.

Glorieta entre a AC-840 e a DP-3204

Ademais, os responsables municipais e os técnicos analizaron as datas de finalización da obra e o inicio da construción da rotonda na travesía de Curtis, entre a AC-840 e a DP-3204, para mellorar a súa seguridade, obra que está en fase de contratación. Esta mesma semana o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o decreto polo que se declara a utilidade pública e disponse a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución.

A glorieta transformará a intersección existente non punto quilométrico 21+900 da estrada AC-840 (Betanzos-Lim. Prov-Agolada) para mellorar a súa seguridade viaria xa que permitirá salvar a súa reducida visibilidade debido ao cambio de rasante e, por tanto, posibilitará os xiros dos vehículos en condicións máis seguras.

Nesta actuación investiranse 240.000 euros, aos que se deberán engadir os 8.822 euros nos que se estima inicialmente o custo das expropiacións de tres fincas.

Ambas as dúas obras da Consellería de Infraestruturas dan resposta a una vella demanda veciñal e do Concello de Curtis.

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.