Numeracion Curtis logos

Unha vintena de bares e restaurantes de Curtis e Teixeiro abren mañá a celebración do Entroido cunha ruta gastronómica

  • A través da iniciativa 'DesTAPAte! Sabores do Entroido Concello de Curtis' ofrecerán tapas, bocados e menús típicos destas datas.
  • O concurso de disfraces do martes, 13, festivo local, premiará con 1.800 euros aos gañadores para que se gasten no comercio do municipio.

Cartel EntroidoA ruta 'DesTAPAte! Sabores do Entroido do Concello de Curtis' inicia mañá, domingo, día 11, a celebración do entroido no municipio, que este ano amplía a súa programación a tres días para darlle un maior impulso á hostalaría e ao comercio local. Para iso, sumáronse a esta iniciativa máis dunha vintena de bares e restaurantes de Curtis e Teixeiro que ofrecerán tapas, bocados e menús típicos destas datas.

Coñece a ruta e a súa oferta gastronómica: 

  • Ruta Curtis: pdf
  • Ruta Teixeiro:  pdf

O programa continuará o luns, pero xa cos máis pequenos como protagonistas xa que para eles se programaron talleres de cociña infantil, que se impartirán no Recinto Feiral de Curtis e no Edificio de Usos Múltiple de Teixeiro.

Xa o martes de Entroido, día grande e festivo local, dará paso á festa e ao concurso de disfraces, que acollerán no Recinto Feiral de Curtis e no pavillón de deportes de Teixeiro a decenas de participantes que, como é xa tradicional, competirán na categoría de infantil e de adultos. O  Goberno local mantén este ano a súa aposta polo comercio local xa que os premios económicos do concurso, de 1.800 euros (900 euros en Curtis e 900 en Teixeiro) serán vales de compra para establecementos do municipio.  

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.