Numeracion Curtis logos

Os 21 animais de raza frisoa de alta calidade xenética vendidas en Curtis mellorarán explotacións galegas e asturianas

  • A novilla número uno de España vendeuse por 11.330 euros.
  • O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, considera que a alta calidade do gando participante e a chegada de compradores de todo o país consolidan esta poxa.

foro poxa 1Os 21 animais de raza frisoa procedentes de oito das mellores gandarías de Galicia que se venderon no II Poxa de Elite de Gando Frisón Concello de Curtis alcanzaron unha cotización de 66.660 euros de prezo de venda.

O gando, cunha cualificación morfológica e xenética situada entre os primeiros postos de España, foi adquirido para mellorar explotacións galegas (de Curtis, Arzúa, Trazo, Tordoia e A Baña, na Coruña; O Incio, Sarria, O Páramo e Guitiriz, en Lugo, e Lalín e Vila de Cruces, en Pontevedra) e asturianas (Las Regueras e Otur).

Con esta poxa, o Concello de Curtis quere dinamizar a economía da zona e dar visibilidade ao traballo e ao investimento dos gandeiros que optan por mellorar a súa cabana bovina ao supor para eles un escaparate a nivel nacional. Neste sentido, o alcalde Javier Caínzos considera que a subasta "consolidouse xa nesta segunda edición porque non só se inscribiron as mellores gandarías de Galicia con animais cun nivel xenético moi elevado, cunha media por GICO que superaba 3.945, senón porque esta alta calidade atraeu ata o noso Recinto Feiral a compradores de toda España como Andalucía, Cataluña, Cantabria, Asturias e a zona centro".

Dos 21 animais poxados, 19 eran femias e moi novas, entre elas unha tenreira, Baixo Jetset Silly, o número un por GICO de España, que alcanzou a cifra de venda máis alta, 11.330 euros, que foi parar a unha explotación do Páramo. Os vendedores do gando exposto procedían de de Lugo (Sarria, A Pastoriza, Monforte e Xermade) e A Coruña ( Zas, Brión e Curtis).

foto 2 poxaPuri López, de Embriomarket, organizadora da poxa, destaca o gran eco que tivo esta poxa nos foros do sector gandeiro frisón español, "que colocou a Curtis no mapa, e desde onde nos manifestaron as súas felicitacións tanto polas instalacións do recinto como polo desenvolvemento do evento".

Outras accións do programa da II Poxa de Elite de Gando Frisón Concello de Curtis

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.