Numeracion Curtis logos

O CIM de Curtis activará o próximo día 26 un programa de inserción laboral para mulleres vulnerables

  • A iniciativa incluirá itinerarios personalizados, talleres de comunicación e coaching de técnicas comerciais.

Foto Taller CIMO Centro de Información as Mulleres de Curtis activará o vindeiro luns, día 26, un programa de inserción laboral para mulleres vulnerables usuarias do CIM.

Esta iniciativa da área de Igualdade do Concello de Curtis incluirá unha primeira fase de análise e formación de itinerarios individualizados para axudar a preparar os currículos e as entrevistas de traballo e que abordará, ademais, outros temas orientados á inserción laboral, así como unha segunda fase onde se desenvolverán talleres sobre comunicación e coaching de técnicas comerciais.

O programa, que se desenvolverá todos os luns, de 10.00 a 12.00 horas no salón de actos do Recinto Feiral de Curtis, manterase ata o próximo mes de maio.

Persoas dependentes

Ademais, o CIM de Curtis, dentro dos cursos que desenvolve para dotar de ferramentas e formación ás mulleres e homes coidadores de persoas dependentes, organizará os días 1 e 8 de marzo un taller de prácticas de relaxación.

Este taller dá continuidade ao curso de 'Envellecemento activo: Convivir coa deterioración cognitiva', desenvolvido durante este tres últimos xoves e impartidos por traballadoras do Centro de Día de Curtis.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.