Numeracion Curtis logos

Investimento de 80.400 euros para mellorar o camiño de acceso á Pena e Penedo do Rendal

foto penedoO Concello de Curtis prevé iniciar este verán as obras de mellora do camiño municipal que vai desde Carballás ata A Pena, así como o ramal que vai a Penedo do Rendal, en Santaia. A actuación consistirá en pavimentar con aglomerado o viario para reforzar a seguridade da zona.

Esta semana, o concelleiro de Obras de Curtis, Emilio Souto, e un técnico supervisaron a área na que se actuará, zona que soporta unha alta densidade de tráfico debido a que dá acceso a varias poboacións e explotacións agrarias.

O investimento previsto para este proxecto ascende a 80.400 euros.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.