Numeracion Curtis logos

A achega municipal para financiar o transporte metropolitano en 2019 ascende a 3.551 euros

  • O Goberno local pedirá que as liñas que dan servizo a Curtis aínda pendentes de entrar ao centro da Coruña o fagan canto antes.

transporteO Concello de Curtis cofinanciará en 2019 con 3.551 euros o Transporte Metropolitano na provincia da Coruña, o que permitirá que os veciños do municipio poidan seguir acolléndose ás tarifas dos autobuses con descontos de ata o 50%. Os concellos achegan o 20% do custo total deste servizo para a Administración.

Estas cantidades económicas están fixadas na prórroga do convenio coa Xunta, documento que se abordará na comisión de seguimento convocada por Conselleria de Infraestruturas e Vivenda para este venres onde, ademais, abordarase o Plan de Accesibilidade ao centro urbano da Coruña.

Na implantación deste plan, as liñas procedentes do municipio curtiense comezaron a acceder ao centro coruñés a finais do mes de febreiro, con paradas en Costa da Palloza, Praza de Ourense, Entrexardíns, Praza de Pontevedra e Juan Flórez.

O Concello pedirá na comisión de seguimento que as liñas que dan servizo ao municipio e que aínda están pendentes de acceder ao centro coruñés o fagan canto antes. A Xunta estuda unificar as dúas últimas fases co obxectivo de que todos os autobuses da comarca entren antes do verán.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.