Numeracion Curtis logos

Asaltan unha vez máis o campo de fútbol de Curtis, causan desfeitas e rouban a mercadoría do almacén

  • O Concello de Curtis condena o acto delituoso e pide un esforzo á Garda Civil na investigación porque non é a primeira vez que pasa.

FotoAlmacenasaltadoO Concello de Curtis pide un esforzo á Garda Civil na investigación do roubo ao Campo de Fútbol de Curtis, infraestrutura á que accederon uns descoñecidos tras saltar o muro de dous metros que o rodea. Unha vez dentro, tal e como recolle a denuncia presentada pola directiva do club de fútbol, causáronse danos por un valor próximo de mil euros e roubaron a mercadoría de bebidas que estaba garda no almacén, valorada en case 600 euros.

Desde o Goberno local, que condena enerxicamente o acto vandálico e delituoso, manifesta a súa preocupación porque non é a primeira vez que este campo de fútbol é asaltado e os seus instalacións sofren danos, ademais do grave prexuízo económico que supón para o club esta serie de roubos.

O Concello solicita tamén a colaboración dos veciños e veciñas para que este tipo de actuacións non se volvan a repetir.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.