Numeracion Curtis logos

Luz verde á aprobación inicial do Inventario Municipal de Bens e Servizos

  • Sairá a exposición pública 20 días para a súa consulta e presentación de alegacións.

pleno todos ediles 2018A Corporación de Curtis deu luz por unanimidade á aprobación inicial do Inventario Municipal de Bens e Servizos do Concello curtiense, clave para a protección, conservación e mantemento deste patrimonio.

O inventario exporase durante 20 días no taboleiro municipal, o Boletín Oficial da Provincia e na web municipal para a consulta dos veciños e para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Unha vez aprobado de maneira definitiva, remitirase á Xunta, á Delegación do Goberno e procederase á súa inscrición no Rexistro da Propiedade.

Ademais, o Pleno aprobou, tamén por unanimidade, a adhesión do Concello de Curtis á central de contratación da FEMP para a contratación dalgunha obra ou servizo de subministración de carácter especialmente complexo para unha administración local pequena ou por outras circunstancias.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.