Numeracion Curtis logos

O cambio no PXOM do cemiterio de Teixeiro dá resposta a unha reivindicación veciñal histórica ao facilitar a súa ampliación

  • O DOG publica hoxe a aprobación definitiva da modificación puntual nº 9 da PXOM que recoñece o seu carácter privado.

cementeiro teixeiro planoO DOG publicou hoxe a aprobación definitiva da modificación puntual nº 9 do PXOM proposta polo Goberno local coa que se facilita a ampliación do cemiterio parroquial de Teixeiro ao recoñecer o carácter privado das súas dotacións. O Concello dá así resposta a unha reivindicación veciñal histórica.

Cando se elaborou o Plan Xeral en 2007, para poder facilitar esta ampliación incluíronse a contorna do templo e os seus equipamentos como sistema público a obter por expropiación, o que favoreceu que a igrexa puidese adquirir as propiedades. Como a titularidade das parcelas é a día de hoxe do Arcebispado, tanto as que ocupa o camposanto como as previstas para a súa ampliación, fíxose necesario regularizar a situación eliminando a súa consideración como sistema público e recoñecendo o seu carácter privado.

Esta modificación puntual tamén permitirá adecuar en Curtis as aliñacións das rúas Manuel Angel Terrón e Uceira Nova, nesta última ampliando o viario e axustándose ás edificacións e urbanizacións existentes, así como a da rúa que termina en Antón Pepiño, en Teixeiro, que se adaptará ás necesidades derivadas da execución das obras do paso a nivel de Carroipaz.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.