Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis alerta do impacto do parque eólico de Lavandeira e reunirase cos veciños afectados

  • O Goberno local teme os efectos que poidan causar ao sector primario as torretas, unha delas sita a menos de 600 metros de catro núcleos de Fisteus.
  • O alcalde Javier Caínzos convocou este sábado unha reunión para explicar o anteproxecto e coñecer a opinión veciñal.

parque eolicoO Concello de Curtis trasladará aos veciños a súa preocupación polo impacto que pode causar a instalación dos dous aeroxeradores do parque eólico de Lavandeira que irán no termo municipal, situados nas proximidades dos núcleos da Eirexe, A Fraga, Baltar e A Casanova, un deles a menos de 600 metros dos mesmos.

O alcalde Javier Caínzos xa convocou este sábado, ás 12.00 horas, unha reunión en Fisteus, parroquia afectada, para explicar este anteproxecto e coñecer a opinión veciñal.

O Goberno local lembra que actualmente se encontra en pleno proceso de modificación do PXOM para delimitar os núcleos rurais, entre os que se atopan os catro citados, todos pertencentes á parroquia de Fisteus na que tamén se está desenvolvendo a concentración parcelaria.

Para o Concello é alarmante a proximidade dos aeroxeradores xa que a fonte principal de ingresos do municipio procede do sector agrogandeiro e teme os efectos que poidan causar ás explotacións gandeiras tanto a ocupación do chan como o funcionamento das torretas e o ruído. Tamén está preocupado polo impacto ambiental e visual destas grandes estruturas sobre os núcleos de poboación.

Ante esta situación, o Goberno local ve como alternativa que se modifique o trazado ou a localización dos dous aeroxeradores e que se prevexa soterrar a liña de evacuación na proximidade das zonas de poboación afectadas.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.