Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

O municipio de Curtis, integrado na área de acción do proxecto 'Empoderamento da muller con cancro de mama'

cancro mamaO municipio de Curtis está integrado na área de acción do proxecto 'Empoderamento da muller con cancro de mama' do Servizo Galego de Saúde, que ten como obxectivos principais:

  • Desenvolver ferramentas que faciliten a autoxestión da saúde por parte das doentes diagnosticadas de cancro de mama.
  • Presentar ferramentas que faciliten unha saúde de calidade e prevención das secuelas da enfermidade e os seus tratamentos.
  • Participación da doente con cancro na política sanitaria, para unha abordaxe sustentable do tratamento do cancro garantindo a calidade asistencial.
  • Propoñer iniciativas conxuntas para mellorar o acceso da cidadanía ao sistema público de saúde.

Neste proxecto enmárcanse tamén accións educativas dirixidas a aquelas mulleres diagnosticadas de cancro de mama, que se centrarán nas patoloxías, nos hábitos de saúde e cambios de conduta, así como na ampliación do horizonte persoal, e un Plan de Divulgación.

O proxecto desenvolverá varias reunións, as que están convidadas a acudir as mulleres diagnosticadas de cancro de mama longo sobreviventes e as asociación e membros das asociación de doentes, nos que varios especialistas abordarán entre outros aspectos, os psicolóxicos, a sexualidade, a fertilidade e o embarazo, o impacto social, a fisioterapia e coidados de pel. 

  • Iste é o programa: pdf

As reunións serán en:

  • 24 maio: Bergondo
  • 14 xuño: Carballo
  • 6 setembro: Cee
  • 8 novembro: A Coruña

 Máis información sobre o proxecto: pdf

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.