Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis organiza encontros escolares de narración oral con motivo do Día das Letras Galegas

  • Reunirá aos alumnos do CEIP de Curtis e Teixeiro en dous actos de contacontos.
  • Esta actividade súmase á aposta da concellería de Cultural pola tradición oral, plasmada tamén no último certame de narración curta ‘Ò rescate da memoria’.

libro narracion curtaO Concello de Curtis, que este ano quixo centrar parte das súas iniciativas culturais en dar a coñecer e reforzar a tradición oral en galego, organizará con motivo do Día das Letras Galegas dous encontros culturais entre o alumnado do CEIP de Curtis e Teixeiro onde os protagonistas serán os escolares e os contacontos.

A programación incluirá a presenza do artista Caxoto Cativo e a súa obra ‘Unha viaxe mar adiante’, que reunirá aos alumnos e alumnas dos dous colexios o día 14 de maio no salón de actos do Multiusos de Curtis ás 10.30 horas, mentres que o día 16, á mesma hora, xuntaranse no edificio de Usos Múltiples Teixeiro con Bululú e os ‘Contos Bulluleiros’.

Esta actividade de contos súmase ao rescate da memoria oral que a concellaría puxo en marcha coa última edición do Premio de Narración Curta, creado para fomentar as letras galegas, e que baixo o título de ‘Ò rescate da memoria’ buscou animar aos participantes a plasmar nos seus relatos aquelas historias reais das súas contornas ou familias que merezan a pena ser lembradas.

Presentación libro

A entrega deste premio celebrarase o 15 de xuño na Casa da Xuventude, día no que se presentará, ademais, o libro ‘Premio!’, editado polo Concello curtiense, onde se recompilan as narracións gañadoras dos tres últimos certames de narración curta: Olimpiadas Curtis (2014); Supermulleres e Superheroinas (2015) e O meu plan para cambiar ou mundo (2016).

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.