Numeracion Curtis logos

O Concello abre expediente a un supermercado de Curtis por reincidencia no mal uso dos colectores de residuos

  • O Goberno local lembra, ademais, que este supermercado rexeitou o servizo municipal gratuíto de recollida de papel cartón a domicilio tres veces á semana.

residuos diaO Concello de Curtis notificou esta semana ao supermercado Día sito en Curtis a apertura dun expediente por reincidencia no uso indebido dos colectores de recollida de residuos sólidos urbanos.

O Goberno local xa advertira á empresa de que debía de depositar os residuos de maneira correcta tal e como fixa a ordenanza e o regulamento da prestación do servizo e, con todo, fixo caso omiso e, como mostra a foto, os colectores verdes de residuos orgánicos están cheos de papel cartón.

Ademais, o Concello lembra que o supermercado rexeitou o servizo municipal gratuíto de recollida de papel cartón a domicilio tres veces á semana, así como a instalación dun colector de papel cartón.

A sanción prevista pode ser de 100 euros, pero pode elevarse se se teñen en conta, ademais da reincidencia e do rexeitamento a facer uso dos servizos municipais, as diversas campañas realizadas desde a Administración local para concienciar sobre a obrigación da recollida selectiva, que facilita a reciclaxe e abarata o custo desta prestación. As campañas incluíron, ademais, a visita dun concelleiro e técnicos a comercios e hostalaría para coñecer as súas necesidades e explicarlles os servizos.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.