Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

Curtis será saída e meta da segunda etapa da Volta Ciclista á Provincia e Teixeiro terá dúas metas volantes

ciclismo provincia1O Concello de Curtis acolleu a presentación oficial da que será a segunda etapa da XVII Volta Ciclista á Provincia da Coruña que terá lugar o próximo 2 de xuño. A presentación contou coa presenza de Javier Caínzos, Alcalde de Curtis, así como do deputado provincial responsable de Deportes, José García Liñares, e de rexedores dalgúns dos concellos polos que pasará a etapa como Sobrado ou Mesía.

O acto tivo lugar na plataforma da estación de ferrocarril de Curtis, un dos eixos vertebradores do municipio e ao que o alcalde se referiu como “camiño de ferrro”. Caínzos agradeceu á Deputación e á Federación Galega de Ciclismo “contar con Curtis para ser saída e chegada, por vez primeira na súa historia, dunha das etapas da Volta a Coruña”. Teixeiro contará con dous metas volantes.

itinerario ciclismoO alcalde tamén valorou “o traballo dos concellos por onde pasará a proba xa que entre todos faremos unha proba destacada” e significou que “Curtis completa así o seu traballo en difusión do ciclismo”, algo que xa fan coa celebración do Día da Bicicleta.

A proba ciclista pasará por Curtis o 2 de xuño desde a rúa Principal para percorrer un total de 133 quilómetros nunha xornada con dous portos de montaña, en Boimorto (3ª) e Ameneiros (1ª) e dúas metas volantes en Teixeiro.

A volta Ciclista a Coruña realizará tamén unha campaña paralela de promoción do ciclismo que terá lugar na zona de meta mentres transcorre a etapa. Nela tomarán parte escolares da zona coa coordinación dos membros do Club Cambre Caeiro.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.