Numeracion Curtis logos

O Concello convida os veciños a "dar un plus de ánimo" aos ciclistas da Volta, que mañá chegan a Curtis e Teixeiro

  • O Goberno local prohibirán aparcar nalgunhas rúas de Curtis e Teixeiro desde as 09.00 horas ás 17.30 horas.

ciclistaO centenar ciclistas dos 17 equipos participantes na Volta Ciclista da Provincia sairán mañá desde a Avenida Principal de Curtis ás 13.30, onde regresarán pasadas as 16.30 horas tras percorrer numerosas localidades deste municipio, de Arzúa, Melide e Sobrado, e tras pasar Teixeiro, que é meta volante.

O Concello de Curtis convida a todos os veciños a envorcarse cos deportistas durante todo o percorrido. "Como municipio anfitrión debemos axudar a velar pola seguridade da carreira pero tamén nos toca darlle un plus de ánimo aos ciclistas", sostivo o alcalde Javier Caínzos, que destacou a oportunidade de promoción que supón o paso da Volta para dar a coñecer o patrimonio, a paisaxe, o comercio e a hostalaría do concello.

O Goberno local anuncia que con motivo do paso dos ciclistas mañá prohibirase aparcar, de 9.00 horas a 17.30 horas, na rúa Dr. Martínez Pardo, diante da praza de España, en Teixeiro, mentres que en Curtis afectará as rúas Pilar Pena e Antonia Dans, así como á Carballeira e á Avda. Principal (desde a Praza Compostela ata c/ Alcalde Espiñeira).

Ademais, o Consistorio lembra os horarios previstos do paso dos pelotóns, que se poderán ver en Curtis ás 13.30 horas, 14.27 horas e 16.40 horas, mentres que os horarios previstos para Teixeiro son as 13.44 horas e as 16.01 horas.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.