Numeracion Curtis logos

Lucía Pérez e María Nieves Palanca gañan o XIII Premio de Narración 'O rescate da memoria'

  • O acto de entrega dos galardóns, aberta a toda a cidadanía, será o 15 de xuño.

rescateUn total de 68 relatos inspiradores enviados desde toda Galicia presentáronse ao XIII Premio de Narración Curta Concello de Curtis, creado para fomentar as letras galegas e que nesta edición respondía a temática 'Ó rescate da memoria' co obxectivo de recuperar aquelas historias que merezan a pena ser lembradas.

O xurado, que considera este número un éxito de participación, tamén valorou moi positivamente a calidade dos traballos.

Fixeron o labor de xurado a escritora Diana Varela Puñal, o lingüista Manuel Rico Verea e a gañadora da anterior convocatoria Cristina Rei Vázquez, que decidiron premiar os seguintes relatos:

Na categoría A (xente nova):

  • 1º premio, de 200 euros, é para Lucía Pérez López, de Teixeiro, polo seu relato 'O vello que viña de lonxe'.
  • 2º premio, de 100 euros, é para Sara González Faginas, dá Coruña, polo seu relato 'O reloxo'

Na categoría B (xente adulta):

  • 1º premio, de 350 euros, é para María Nieves Palanca González, de Vigo, polo seu relato 'Agasallos'.
  • 2º premio, de 150 euros, é para Elena Pérez Vázquez, de Curtis, polo seu relato 'A planta dos pés'

A entrega de premios celebrarase o venres 15 de xuño na Casa da Xuventude de Curtis ás 19.00 horas. A entrada é aberta para todas as persoas que queiran acompañar ás premiadas na recollida dos premios e nos petiscos que se compartirán o final do acto.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.