Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis intensificará as inspeccións das concas do Mandeo e o Mendo para erradicar as verteduras

  • Incrementou o control nos últimos meses e reforzarao máis tras advertir Augas de Galicia que unha das mostras recollidas non cumpría os parámetros da EDAR.
  • O organismo autonómico impuxo unha sanción leve de 5.000 euros, que deberá abonar a concesionaria da depuradora.
  • O Goberno local volve pedir a Augas de Galicia que acometa a separativa en Teixeiro xa que a súa carencia dificulta o servizo da depuradora.

Depuradora TeixeiroO Concello de Curtis intensificará as actuacións de inspección das concas hidrográficas do Mandeo e o Mendo ao seu paso polo municipio así como da rede actual de sumidoiros de pluviais e fecais para localizar posibles verteduras irregulares.

Aínda que o Goberno local leva xa meses reforzando os controis, que levaron a detección de situacións graves ante as que se actuou con contundencia, dará un paso máis tras advertir Augas de Galicia que nunha das mostras recollidas no Mandeo os parámetros do tratamento da depuradora do Polígono Industrial de Teixeiro non eran os adecuados. Por esta situación, impúxoselle unha sanción de 5.000 euros, que deberá ser abonada pola empresa concesionaria da EDAR.

O Consistorio sostivo que a irregularidade foi puntual e corrixida rápidamente sen que se provocasen prexuízos graves, sendo a primeira vez que se produciu unha situación similar na EDAR de Teixiero, cuxo sistema de depuración funciona correctamente.

Dificultades

O aumento dos controis, que realizará unha empresa externa, pretende manter vixiadas todas as concas dos ríos, pero especialmente as máis próximas ao Polígono de Teixeiro onde a inspección é complicada para os escasos recursos municipais ao abarcar unha ampla extensión de 200 hectáreas. Ademais, dificulta o servizo da EDAR a falta de separativa de pluviais e residuais no núcleo de Teixeiro, actuación de elevado custo que debe asumir Augas de Galicia naqueles municipios de menos de 5.000 habitantes e que o Concello xa solicitou en varias ocasións.

O Goberno local de Curtis defende a importancia da preservación e mellora do medio ambiente, compromiso que asumiu coa implantación de melloras ao longo destes anos ao ser pioneiro no desenvolvemento da Axenda Local XXI -polo que foi premiado cun accésit 'Galicia Medio Ambiente 2004' á mellor acción local- e con en o establecemento dunha Estratexia de Sustentabilidade.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.