Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

O Concello de Curtis destinou este ano 9.000 euros en obras de mantemento e reparación das piscinas municipais

  • Os operarios municipais efectuaron os traballos, que permitiron a apertura das instalacións, de acceso gratuíto, o pasado día 22.

Piscina Curtis Piscina Teixeiro

O Concello de Curtis destinou este ano 9.000 euros a obras de mantemento e conservación das piscinas municipais de Curtis e de Teixeiro, que abriron as súas portas o pasado día 22 de xuño e que un ano máis son de acceso gratuíto.

As actuacións efectuadas en Teixeiro consistiron na renovación de todo o céspede, no pintado do mobiliario e no arranxo e reposición das zonas danadas. O investimento neste caso ascendeu a 6.000 euros e o traballo foi efectado polos operarios municipais.

No caso da piscina de Curtis, as obras, cun custo de 3.000 euros, centráronse no mantemento e acondicionamento.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.