Numeracion Curtis logos

358 persoas de todas as idades percorrerán este domingo os 11 quilómetros solidarios entre Curtis e Teixeiro como símbolo da loita contra o cancro

  • A I Carreira e I Andaina na Loita contra ou Cancro que organiza o Concello de Curtis e a Asociación da Loita contra o Cancro terá continuidade no tempo.

carreira cancroUn total de 358 persoas de todas as idades inscribíronse na I Carreira Solidaria e I Andaina Contra o Cancro que organiza o Concello de Curtis en colaboración coa Asociación de Axuda contra o Cancro, que se celebrará mañá, domingo, día 8.

Dos inscritos, 276 adultos e 33 menores percorrerán andando os 11 quilómetros que separan Curtis e Teixeiro, distancia que se converterá nun símbolo da unión dos dous pobos na loita contra o cancro, e 82 adultos farano na carreira.

A iniciativa, na que tamén participa a Federación Galega de Atletismo, está pensada para visualizar o camiño e os retos que aínda quedan por afrontar na loita contra esta enfermidade.

A saída da proba será ás 11.00 horas desde o polideportivo municipal de Curtis, e a meta estará na Praza de España, en Teixeiro.

O Concello, que quere darlle continuidade a esta carreira e camiñada nos próximos anos, destacou que a saída será rotatoria entre os dous pobos nas próximas edicións.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.