Numeracion Curtis logos

'Curtis na Lembranza, as feiras de 1900' xa ten web propia con toda a información desta homenaxe a nosa historia

  • O Concello e a Asociación de Comerciantes de Curtis lanzan o portal da festa 'Curtis na Lembranza, as feiras de 1900', que se celebrará o 28 de xullo.
  • A Asociación de Comerciantes de Curtis regala 50 billetes de tren de ida e volta desde A Coruña e Betanzos para acudir a esta homenaxe ás feiras de hai un século

web feira 1900 CO Concello de Curtis e a Asociación de Comerciantes de Curtis presentaron hoxe a web da III edición Curtis na Lembranza, as Feiras de 1900, portal que xorde para promocionar esta festa que se celebrará o 28 de xullo e que naceu hai tres anos para lembrar como eran as feiras que hai 124 anos impulsaron o nacemento do actual pobo de Curtis.

O portal quere ser unha das principais fontes de información sobre esta festa ao recoller non só o programa e as novidades deste ano, que se poden consultar xa, senón tamén retrincos da historia do pobo de Curtis, que naceu ao redor da estación de ferrocarril, inaugurada en 1883, e da feira que se montaba fai máis dun século e que se converteu nun referente na comarca. Esta feira, que se segue celebrando os días 9 e 23 de cada mes, segue sendo 124 anos despois o mercado comarcal máis dinámico.

Así, entre as seccións destacan as referentes a como era un día da feira de 1900 ou como se vestía a sociedade nesa época, que contextualiza a importancia dos días feriados para Curtis.

A Avenida Principal de Curtis e as rúas adxacentes engalanaranse como fai máis dun século, e encheranse de postos de artesáns, de produtos típicos da terra, de talleres de distintos oficios e de obradoiros de alimentación. A Asociación de Comerciantes de Curtis programou ademais, actuacións musicais e de baile, así como espectáculos de teatro, marionetas e cantares de cego.

O colectivo de comerciantes regalará tamén 50 billetes de tren de ida e volta desde A Coruña e Betanzos para aquelas persoas queiran gozar desta peculiar feira de 1900 coa única condición de que vaian vestidos de época. Os interesados deben chamar aos teléfonos 647 929 545 / 654 354 883.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.