Numeracion Curtis logos

O III Teixeiro Summer Festival consolida a Teixeiro como o centro neurálxico en Galicia dos deportes de forza e contacto

  • A celebración, o 4 de agosto, incluirá probas para os campionatos de Power Lifting Internacional e Fisioculturismo e Fitness.
  • Organizaranse exhibicións de Street Work Out, Savate, Muay Thai e Krav Meiga, así do culturista campión de Europa, Manuel Canadillas.

CartelTeixeiro será, por terceiro ano consecutivo, o centro neurálxico do verán para os amantes dos deportes de forza, contacto e axilidade coa celebración o sábado, 4 de agosto, do Teixeiro Summer Festival, que se consolida cun novo impulso desde a área de Deportes do Concello de Curtis e a colaboración de distintos colectivo deportivos e a Federación Nacional de Fisioculturismo e Fitness.

Desde as 10 da mañá ás 20 horas, sucederanse na Praza de España, diante da casa consistorial, as probas do Campionato de Fisioculturismo e Fitnes en Mens Physque, Bikini e Culturismo e exhibicións de Street Work Out (adestramento físico ao aire libre, que promove a liberdade na actividade física), así como das modalidades de boxeo Savate (boxeo francés) e Muay Thai (boxeo tailandés), e de Krav Meiga, técnica de defensa israelí.

Das exhibicións, destaca a presenza do culturista campión de Europa, Manuel Canadillas, así como de Krav Meiga Kappap, que organizará tamén un taller.

XVIII Semana da Cultura e do Lecer de Teixeiro

Xa pola tarde, a partir de 16.00 horas, celebraranse as probas do Campionato de Power Lifting Internacional ata as 19.30 horas, horario previsto para a entrega de premios.

O III Teixeiro Summer Festival enmárcase na programación da XVIII Semana da Cultura e do Lecer de Teixeiro, que se desenvolverá desde o venres 3 de agosto ao sábado, 11 de agosto.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.