Numeracion Curtis logos

A adaptación ao Real Decreto 128/2018 obriga a modificar a Mesa de Contratación ao restrinxir os cargos electos

  • Deixa fóra a 4 edís, dous do equipo de Goberno e dous da oposición.
  • A oposición estivo presente nas Mesas desde 2003 a iniciativa do Goberno local ao non ser obrigatoria a súa presenza por lei.

Pleno agostoO Real Decreto 128/2018 do 16 de marzo obriga ao Concello de Curtis a cambiar a actual composición da Mesa de Contratación co fin de que se adapte aos novos criterios legais establecidos para este órgano de asistencia técnica especializada encargado de propor as adxudicacións dos contratos de obra pública tras valorar as ofertas e estudar a documentación.

A nova normativa sostén que a Mesa de Contratación estará presidida por un membro da Corporación ou un funcionario da mesma, e por tres vocais. Segundo o Real Decreto, "formarán parte dela, como vogais, o Secretario ou, no seu caso, o titular do órgano que teña atribuída a función de asesoramento xurídico, e o Interventor, ou, no seu caso, o titular do órgano que teña atribuídas a función de control económico-orzamentario, así como aqueloutros que se designen polo órgano de contratación entre o persoal funcionario de carreira ou persoal laboral ao servizo da Corporación, ou membros electos da mesma, sen que o seu número, en total, sexa inferior a tres. Os membros electos que, no seu caso, formen parte da Mesa de contratación non poderán supor máis dun terzo do total de membros da mesma. Actuará como Secretario un funcionario da Corporación".

Con esta nova lexislación restrínxese a marxe de discrecionalidad dos nomeamentos dos cargos electos nas Mesas de Contratación, o que permitiu que desde o ano 2003 o Concello de Curtis dese entrada nas mesmas aos concelleiros da oposición, sempre a proposta do Goberno local que encabeza Javier Caínzos xa que a presenza da oposición non era obrigatoria por lei.

Con todo, o novo Real Decreto limita a presenza de cargos electos, que non poden supor máis dun terzo da Mesa de Contratación, que no caso do Concello de Curtis deixa fóra a catro concelleiros, dous do equipo de Goberno e dous da oposición, ao quedar composta polo Secretario-Interventor, un asesor xurídico e un técnico, ademais de por a presidencia, que a ocupa o alcalde.

Este cambio será levado a Pleno este venres, así como o informe que o argumenta da secretaria interventora.

  • Convocatoria / orde do día do Pleno Ordinario de agosto pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.