Numeracion Curtis logos

Investimento de 1,7 millóns de euros para a mellora do abastecemento de Teixeiro

  • O Goberno local considera a actuación imprescindible tendo en conta que este mesmo ano finalizarán as obras de urbanización da última fase do Polígono Industrial.

obras poligonoO Concello de Curtis pechou un acordo de colaboración con Augas de Galicia polo que este organismo executará unha nova captación de auga e melloras na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) en Teixeiro, actuación na que se investirá 1.700.000 euros co fin favorecer o abastecemento deste núcleo de poboación e do Polígono Industrial.

O Goberno local destaca a importancia deste investimento que beneficiará tanto ao pobo de Teixeiro como á área industrial, máxime cando SEPES finalizará este mesmo ano a segunda e última fase de urbanización do polígono, o que suporá que pasarán a comercializarse 770.000 metros cadrados máis de chan empresarial. Con esta actuación e o asentamento de novas empresas de grandes dimensións, "esta actuación era obrigada", sostén o alcalde Javier Caínzos.

A previsión é que as obras de mellora adxudíquense a finais deste ano de maneira que poidan empezar no primeiro trimestre do 2019.

Este acordo de colaboración con Augas de Galicia será levado ao próximo Pleno ordinario, convocado este venres, día 10 de agosto.

  • Convocatoria / orde do día do Pleno Ordinario de agosto pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.