Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

O Concello de Curtis concede axudas de 8.000 € ao CCD Curtis e á SDC Teixeiro, que suman preto de 700 socios e 180 licenzas

  • Os dous clubs, que sufriron numerosos danos por asaltos e roubos nos últimos meses, son as entidades que máis dinamizan a vida deportiva do municipio.

Curtis informaO Concello de Curtis levará ao Pleno ordinario deste venres, 10 de agosto, a concesión de subvencións nominativas ás entidades deportivas Centro Cultural e Deportivo de Curtis (CCD Curtis) e Sociedade Deportiva e Cultural de Teixeiro (SDC Teixeiro) por valor de 8.000 euros cada unha.

Polo número de socios, preto de 700 entre os dous clubs, e de licenzas, ao redor de 180, así como de seguidores e de beneficiados directos da súa actividade durante todo o ano, estas entidades sitúanse entre as máis activas e implicadas do municipio.

Estes colectivos impulsan e dinamizan o deporte para todas as idades e categorías desde hai moitos anos e contan no seu haber con grandes logros deportivos. A SDC Teixeiro promove o fútbol nas categorías de modesto e veteranos, e ampliará agora unha nova sección de xuvenís, mentras que a CCD de Curtis, que celebrou o seu 50 aniversario o ano pasado, conta con fichas en fútbol de modestos, veteranos, xuvenís e cadetes.

Con estas axudas, o Goberno municipal tamén quere apoiar o funcionamento destes clubs tras as numerosas perdas e danos nas súas instalacións sufridos durante os asaltos e roubos dos últimos meses.

Para aprobar estas subvencións, é necesaria unha modificación das bases de execución dos orzamentos de 2018, que o Goberno local tamén levará ao Pleno.

  • Convocatoria / orde do día do Pleno Ordinario de agosto pdf

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.