Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis concede licenza de obra para a planta de enerxía renovable de Greenalia no Polígono de Teixeiro

  • O investimento ascende a 70 millóns e a empresa prevé crear entre a construción e a xestión da planta, a máis grande Galicia, 500 postos de traballo.

greenaliaO Concello de Curtis, vista a documentación e cos informes favorables das distintas administracións competentes, concedeu esta semana a licenza de obra para a planta de produción de enerxía renovable a través de biomasa que Greenalia Biomass Power SL construirá no Polígono Industrial de Teixeiro.

O prazo de execución estimado é de 20 meses e o orzamento da obra ascende a 70 millóns de euros. A empresa obtivo a autorización administrativa da Xunta para a súa posta en marcha en febreiro deste ano.

A planta construirase nunha parcela de 100.000 metros cadrados situada na segunda fase da urbanización do polígono industrial e será a máis grande de Galicia. Greenalia prevé a creación de 500 postos de traballo para a súa construción e explotación.

A empresa abonará ás contas municipais 350.000 euros da taxa por prestación de servizos urbanísticos e o Concello estuda a solicitude de bonificación do ICIO, establecida polo Goberno local para axudar ao asentamento de novas empresas e á creación de emprego e riqueza no municipio e a comarca.

Obras de Goodleit, moi avanzadas

O inicio destas obras coincide no tempo coa execución xa moi avanzada da planta de transformación láctea de Goodelit, tamén no Polígono de Teixeiro, que prevé crear 130 postos de traballo directos e 130 indirectos. A compañía centrarase na elaboración e comercialización de ingredientes funcionais e nutricionais de alto valor engadido, dedicados á industria clínica, dietética, deportiva e infantil, así como á industria agroalimentaria en xeral.

O investimento nesta planta é de 70 millóns de euros e o seu obxectivo de transformar 70 millóns de litros de leite o primeiro ano e alcanzar de maneira progresiva os 450 millóns (450.000 toneladas) en 2023.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.