banner narracion curta XIV

O Concello curtiense dá un ultimato a propietarios de parcelas urbanas e próximas a vivendas para a súa limpeza

  • Entre as que seguen en mal estado e representan un risco destacan tres parcelas no núcleo de Curtis, que impiden ademais o paso de peóns e o aparcadoiro

impieza parcelasO Concello curtiense dá un ultimato aos propietarios de parcelas urbanas e próximas a vivendas para que procedan con urxencia á súa limpeza para evitar o risco en caso de incendio.

O Goberno local lémbralles a súa obrigación legal de mantelas en perfecto estado de limpeza e conservación e apunta que, de non asumir as súas responsabilidades, pode ordenar a execución subsidiaria ou forzosa a través da imposición de multas, que poden oscilar entre os 300 e 6.000 euros, reiterables até lograr que se actúe.

A pesar dos avisos previos do concello, hai parelas que seguen en moi mal estado, entre as que destacan tres situadas no núcleo de Curtis polo perigo que representan tanto de salubridade como de seguridade, pero tamén polo risco no caso de incendio. Segundo o informe dos servizos técnicos urbanísticos, só procedeuse á limpeza da superficie das parcelas próximas ás vías, pero non de todo o seu conxunto. No caso de dous das leiras, as árbores, de gran tamaño e próximos á rúa Mestre Fariña, chegan mesmo a impedir o paso dos usuarios e o estacionamento dos vehículos.

Tras a inspección dos terreos e a elaboración dos informes, o Concello require aos propietarios para que procedan á súa limpeza e a que poden as ramas das árbores que invaden o dominio público co fin de liberar o espazo para os usuarios e o aparcadoiro.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.