banner cultura 2019 1

Comezaron as obras para dotar de fibra óptica o núcleo urbano de Curtis

  • A instalación despregouse xa na primeira fase do Polígono e ampliarase á segunda en canto finalicen as obras.

Obras fibra CurtisEsta semana comezaron as obras para dotar de fibra óptica o núcleo urbano de Curtis co fin de mellorar o servizo de telecomunicacións así como o ancho de banda e a velocidade da transmisión de datos en Internet.

Desde o Concello de Curtis están a realizarse as xestións e trámites para que a fibra óptica chegue tamén ao núcleo urbano de Teixeiro na maior brevedade posible.

Ademais, a instalación da rede de cable de fibra óptica é xa unha realidade na primeira fase do Polígono Industrial de Teixeiro, o que supón un gran beneficio para as empresas alí instaladas. Esta actuación, que está cofinanciada pola Xunta de Galicia no marco do Plan de Banda Longa Ultrárrapida para parques empresariais, despregarase tamén na segunda eúltima fase do Polígono en canto finalicen as obras de ampliación e urbanización que se están a executar. 

Mapa da cobertura da fibra óptica en Curtis:

mapa fibra Curtis 2

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.