Numeracion Curtis logos

Comezan as obras de apertura da rede de camiños da parcelaria de Fisteus, que terá 55 quilómetros de extensión

  • O Concello solicita aos titulares das parcelas que aceleren as tarefas de talla de árbores nas súas propiedades para facilitar os traballos.
  • A concentración nesta parroquia de Curtis é a de maior extensión de todas as desenvolvidas pola Xunta até o momento.

Foto obras parcelariaO pasado mes de agosto comezaron as obras de execución da rede de camiños da concentración parcelaria da parroquia curtiense de Fisteus, a de maior extensión de todas as desenvolvidas pola Xunta en Galicia até este momento. En total, abriranse máis de 55 quilómetros de camiños, dos que 2,3 serán asfaltados.reunion parcelaria

Co inicio destas actuacións, o Concello de Curtis instou os titulares dos terreos afectados a que aceleren a talla de árbores nas súas propiedades para facilitar os traballos. Así llo solicitou durante a celebración da Xunta da parcelaria, que se reuniu hoxe e na que estiveron presentes, ademais, representantes de Medio Rural e da empresa encargada da execución.

O investimento nestas obras, que durarán 18 meses, ascende a 2,3 millóns de euros.

Ademais desta actuación, xa está contratada tamén a elaboración dos marcos para definir as novas leiras, por 412.600 euros, cifra que se suma aos 901.779 euros destinado a asistencias técnicas.

O proceso de concentración parcelaria en Fisteus pretende reducir a unha cuarta parte a actual división de preto de 10.000 parcelas dunha superficie de 3.938 hectáreas, que pertencen a 1.062 titulares.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.