Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

Entrega da documentación das bases da reestruturación parcelaria de Fisteus os días 12, 13 e 14 de setembro

documentacion fisteusOs titulares afectados pola parcelaria de Fisteus poden recoller os boletíns de propiedade definitivos e planos durante os días 12,13 e 14 de setembro no Recinto Feiral de Curtis, de 10.00 horas a 13.00 horas. 

  • Os titulares deberán presentar o DNI ou documento equivalente.
  • No caso dos matrimonios con bens gananciais, poderá recoller a documentación calqueira dos dous membros.
  • No caso dos matrimonios con bens privativos, será necesaria unha autorización do titular dos bens para que o outro membro poida recoller a documentación.
  • Se o titular non poidera recoller a documentación persoalmente, poderá autorizar a outra persoa a facelo. Neste caso deberase achegar unha autorización asinada por ambos e fotocopia do DNI da persoa que o autoriza.
  • No caso dos propietarios falecidos, calqueira dos herdeiros poderá recoller a documentación presentando o certificado de defunción e acreditando co testamento, ou documento equivalente, a súa condición de herdeiro, xuntando, ademais, a autorización do resto de herdeiros segundo o descrito no parágrafo anterior.
  • No caso de que o propietario sexa unha sociedade, a persoa que pretenda recoller a documentación deberá acreditar suficientemente a súa representación.

---

  • Descarga do modelo de autorización: pdf
  • Resumo do proceso da parcelaria: pdf

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.