Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis amplía o programa de actividades deportivas e culturais 2018/2019 con teatro e clases de atletismo e bádminton

  • A oferta de clases e talleres desenvolveranse en Curtis e Teixeiro, pero tamén nas parroquias do rural.
  • O prazo de inscrición está aberto até o día 24 deste mes de setembro.

actividades municipais 2018Talleres de teatro como oferta cultural e atletismo e bádminton como ofertas deportivas son as novidades que incorpora o Concello de Curtis no seu programa de actividades 2018/2019, que cada ano abre o seu abanico de propostas accesibles para todas as idades.

O prazo de inscrición está xa aberto e poderase formalizar a matrícula até o día 24 de setembro.

O programa tamén inclúe, como en anos anteriores e a través das Escolas Deportivas Municipais, fútbol e fútbol sala, patinaxe, ximnasia artística, baile e manualidades para os máis novos. Os adultos poderán participar nas clases de baile, de mantemento integral e de pilates-streching, así como en manualidades e talleres de memoria e de prevención da demencia.

As actividades desenvolveranse nos núcleos urbanos de Curtis e en Teixeiro, pero tamén se organizarán clases de manualidades, ximnasia de mantemento e talleres de memoria e de prevención da demencia nas parroquias do rural: Foxado, Paradela, Santaia, A Illana e San Roque de Xabriño.

As actividades, que se porán en marcha se se inscriben un mínimo de 15 alumnos en Curtis e Teixeiro e de 10 no rural, comezarán o 1 de outubro.

Actividades gratuítas

Ademais destas ofertas, mantéñense como actividades de carácter gratuíto as clases de informática e de inglés para adultos e para nenos. Ademais, tamén de maneira gratuíta, porase en marcha o programa Educando en Familia, destinado a nenos e nenas de 0 a 3 anos acompañados polos seus pais, que centra as súas actividades no desenvolvemento mental, psicomotor, afectivo e sensorial dos pequenos, así como na atención aos seus pais.

Para inscribirse se deberá cubrir e entregar o impreso oficial na Casa do Concello en Teixeiro e na Oficina Municipal de Curtis. O impreso é por unidade familiar.

  • Tríptico coas actividades 2018/2019 pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.