A Escola Infantil de Teixeiro ten cubertas 45 prazas a espera dos datos definitivos
A Escola Infantil A Galiña Azul de Curtis ten xa 45 prazas cubertas para este curso e lista de espera no tramo de idade de 0 a 1 anos de idade. Só hai vacantes nos tramos de 2 a 3 anos. Estos datos son provisionais ata que se eleven a definitivos a principios de outubro, polo que aínda poderían sufrir cambios.
O número foi informado durante a reunión do Consello Escolar tras a baremación extraordinaria deste setembro, onde se constatou que este será un dos anos con maior número de alumnos desde a apertura das instalacións.
A Escola Infantil abriu en 2013 en Teixeiro e conta con 61 prazas, das que é obrigatoria reservar prazas para ingresos urxentes.