Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

Aberto ata o 1 de outubro o prazo para inscribirse nun obradoiro de emprego de xardinaría

bando empregoO Concello de Curtis, xunto co Concello de Sobrado e o Concello de Vilasantar, vai realizar un Obradoiro de Emprego, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, dirixido a persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia que teñan unha idade igual ou superior aos dezaoito anos.

A solicitude de participación poderase realizar, ata o día 1 de outubro de 2018, na Oficina de Emprego de Betanzos.

Información do proxecto:

  • Nome: Obradoiro de Emprego “Terras da Montaña II”
  • Especialidade formativa: Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinaría
  • Nº de persoas alumnas-traballadoras a contratar: 20.
  • Duración do contrato: 9 meses.

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. (Telf.: 981789003 Ext. 2037)

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.