banner cultura 2019 1

Curtis, Sobrado e Vilasantar poñen en marcha un taller dual para formar e dar emprego a 20 persoas en paro

  • Os alumnos traballarán nos servizos de mantemento e mellora das zonas axardinadas e áreas recreativas dos tres municipios.

campo futbol teixeiroOs concello de Curtis, Sobrado e Vilasantar poñen en marcha de maneira conxunta un taller dual de emprego para formar e dar emprego a 20 persoas a través dunha subvención de preto de 289.000 euros concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A través desta iniciativa, destinada a persoas inscritas no Servizo Público de Emprego, activaranse cursos de formación de auxiliares de viveiros, xardíns e centros de xardinería. O obxectivo é empregar aos alumnos en servizos de mantemento e mellora das zonas axardinadas dos tres municipios.

Así, no Concello de Curtis actuarán na área recreativa de A Illana, o campo de fútbol de Teixeiro e na zona verde do polígono industrial de Teixeiro. En Sobrado, nos xardíns de Santiago do Campo, os arredores de centro social de Mesón e no seu campo de fútbol, e en Vilasantar, nos carreiros fluviais de Ponte da Gándara, na Ruta dos Muiños, na área recreativa de Fraga- Carballeira e na Leira de O Roseo.

Os tres concellos volvense unir unha vez máis en favor da empleabilidad e destacan a necesidade de apostar pola cooperación institucional á marxe de ideoloxías políticas para deseñar proxectos en favor do benestar dos veciños e veciñas.

As persoas interesadas neste obradoiro ‘Terras da Motaña II’ deberán inscribirse antes do 1 de outubro na Oficina de Emprego de Betanzos.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.