Numeracion Curtis logos

Comeza a obra da rotonda do Empalme, que eliminará este punto negro de acceso ao municipio curtiense

  • O investimento nesta actuación, moi demandada polo Concello de Curtis, ascende a 250.000 euros.

rotonda empalmeEsta semana comezaron as obras da rotonda que eliminará como punto negro o cruzamento do Empalme que é intersección entre as estradas AC-840 con CP-3204, dous das vías con máis tráfico de acceso ao municipio. Grazas a esta actuación, moi demanda polo Goberno local, reforzarase a seguridade viaria ao permitir os xiros en condicións de maior visibilidade.

O investimento nesta execución ascende a 250.000 euros, financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Infraestruturas. Ademais da construción da glorieta mellorarase o firme e dotarase de beirarrúas a súa contorna.

A rotonda iníciase pouco despois de que finalizasen as obras da senda peonil da Rolda da Coruña, na marxe dereita da AC-840, onde se investiron medio millón de euros e que xa dá servizo a unha zona onde se concentran numerosas vivendas e establecementos, así como o cemiterio. A Consellería de Infraestruturas, responsable da actuación, procedeu tamén a mellorar o cruzamento co acceso ao cemiterio.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.